08 enero 2017

O BELÉN
NESTE ENLACE PODEDES VER O PROCESO QUE SEGUIRON ALUMNOS E PAIS NA ELABORACIÓN DO BELÉN QUE DIRIXIU O DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN.
https://drive.google.com/file/d/0B_ZIstVRgj_tTmpNRHpDck55Q28/view?usp=sharing







29 diciembre 2016

Cumpres 4º A de Infantil

Durante este 1º Trimestre así celebraron os seus cumpreanos os nen@s de 4º Infantil.

Festival de Nadal Infantil e 1º e 2º Primaria

Este  ano para celebrar o Nadal fixemos un festival de variedades. Estas foron as actuacións:
Para ver o vídeo en mellor calidade non esquezades ir a Configuración  na esquina do reproductor de video e seleccionar a calidad 720 ou 480.


  • Actuación 4º A Infantil. Baile "Baila da Paz"




  • Actuación 4º B Infantil. Baile "A miña tía"


  • Actuación 5º A Infantil. Canción "Xa me tardan eses magos"


  • Actuación 5º B Infantil. Canción "Bajo el mismo sol"


  • Actuación 6º A Infantil. Teatro "Esta navidad regálate silencio"



  • Actuación 6º B infantil. Teatro "Orellas de bolboreta"

  • Actuación 1º Primaria. Panxolina "Feliz Navidad"





  • Actuación 2º Primaria. Panxoliña "Es Navidad"



23 diciembre 2016

 OUTRO ANO MÁIS, PAPÁ NOËL VISITOUNOS. FOI UNHA SORPRESA MOI AGRADABLE! DE NOVO AGASALLOUNOS CON LAMBADAS!!! GRAZAS, PAPÁ NOËL:





 
   PAPA NOËL!! on PhotoPeach



20 diciembre 2016

Xogando coas mates en 6º B de Infantil

As mates son moi divertidas e, se xogamos con elas aprendemos moito máis. Hoxe  fixemos un xogo tipo Tetris, onde os rapaces tiñan que sacar un número do 1 ao 6 e, dependendo do número sacado, colocar as fichas correspondentes nun taboleiro. Foi xenial!!! ;-)



15 diciembre 2016

OS CIENTÍFICOS/AS DO CSIC, CHEOS DE ORIXINALIDADE, MOSTRARON AOS ALUMNOS DE PRIMARIA DUNHA MANEIRA LÚDICA OS HÁBITOS HIXIÉNICOS PARA EVITAR POSIBLES INFECCIÓNS E MANTERNOS SANOS.ESTA ACTIVIDADE FOI PROGRAMADA DENTRO DO PROXECTO DE CENTRO DESTE ANO:"INVENTOS E EXPERIMENTOS" TEATRO DO CSIC on PhotoPeach

EDUCACIÓN VIARIA

A POLICÍA LOCAL DE VIGO IMPARTIU UN OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIARIA AOS ALUMNOS DE 5º:CAMIÑAR POLA RÚA DE XEITO SEGURO E RESPONSABLE. EDUCACIÓN VIAL.PEÓNS RESPONSABLES on PhotoPeach

ACTIVIDADES DEPORTIVAS CON AMFIV

OS ALUMNOS DE 6º DE E.P PARTICIPARON,DURANTE O MES DE DECEMBRO, EN DIVERSAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS COA ASOCIACIÓN AMFIV.REALIZARON ACTIVIDADES DE:BÁDMINTON,REMOERGÓMETRO,TENIS MESA,FUTBOLÍN HUMANO,TIRO/CHUTÓMETRO,TALLER DE CHAPAS,XOGO DA RA,BOCCIA,SLALOM,PARAFOOTBALL,PETANCA,BOLOS CELTAS,FÚTBOL SETE,CICLISMO ADAPTADO, BASKET SR.NALGUNHAS DELAS TAMÉN PARTICIPARON OS ALUMNOS DE 5º. ACTIVIDADES DEPORTIVAS CON AMFIV on PhotoPeach

VISITAMOS BALAIDOS

ESTE MÉRCORES 15 DE DECEMBRO, OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO DE PRIMARIA ESTIVEMOS EN BALAIDOS, ESTIVEMOS NO MUSEO, NA SALA DE PRENSA, NA ZONA MIXTA, NA SAÍDA AO CAMPO, NOS BANQUILLOS E NAS BANCADAS, E O PASAMOS FENOMENAL!!!!!!

video

09 diciembre 2016

PRIMEIRO TRIMESTRE EN 4ºED.INFANTIL B

Presentámosvos unha recopilación de fotos do alumnado da aula de 4 de Educación Infantil B. Nela podedes ver imáxes dos primeiros días, dos traballos realizados e das celebracións dos diferentes aniversarios. Desexamos que vós gusten!!!


08 diciembre 2016

CARLOS SPUCH NOS VISITA DE NOVO


OS ALUMNOS DE 5º RECIBIRON DE NOVO A VISITA DE CARLOS SPUCH.O TEMA QUE TRATOU ESTA VEZ ESTÁ RELACIONADO COA FUNCIÓN DE RELACIÓN, QUE ESTAMOS TRABALLANDO NA AULA AGORA MESMO: MOVEMENTOS VOLUNTARIOS E INVOLUNTARIOS.

 CARLOS  SPUCH  EN 5º DE NOVO on PhotoPeach

27 noviembre 2016

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA II

Este es el texto por el que empezaremos nuestro próximo relato.

¿Cómo continuará?
¿Será divertido?
¿Intrigante?
¿Un misterio sin resolver...? 
¡¡Anímate a contarlo!!

Taller de Escritura Creativa

Aquí podedes ver o resultado do  I  Obradoiro de Escritura Creativa, organizado pola biblioteca do Chouzo.


PRIMEIROS AUXILIOS



O Martes 22 de novembro tivemos a visita de dous integrantes de PROTECCIÓN CIVIL do Concello de Vigo. Durante unha hora desenvolveron actividades nas que participou o alumnado de maneira práctica. Aprendemos: a curar feridas de diversa gravidade, como actuar en casos de atragantamento, como facer uha RCP ( reanimación cardio-pulmonar) etc.

Esta actividade foi moi proveitosa e satisfactoria para todos.

PRIMEIROS AUXILIOS on PhotoPeach



Bolsas muda 4º A Infantil

O alumnado de 4º A de infantil decorou as bolsas para meter a muda. Fixeron unhas bolsas moi bonitas!!!




24 noviembre 2016

actividades de balde organizadas polo Concello







Debuxando o colexio

En 6ºB de Infantil hoxe convertémonos en artista. Tiñamos que debuxar o noso colexio e para iso, saimos ao patio para poder ver cada detalle e así facelo mellor.


Visita á panadería Lavandeira

O mércores 23 de novembro o alumnado de 6º de Infantil, fomos visitar a panadería Lavandeira, onde aprendimos a amasar pan e facer croissants. Foi xenial!!! Queremos agradecer a Benito, o dono da panadería, e a todo o personal que traballa  alí, que se prestasen a facer de balde está visita. Moitas grazas!!!

19 noviembre 2016

NATURNOVA


O XOVES,17, OS ALUMNOS DE 5º VISITAMOS NATURNOVA. EXPLORAMOS O UNIVERSO, O NOSO PLANETA, O SER HUMANO E O SEU MEDIO DUNHA MANEIRA LÚDICA E INTERACTIVA.GUSTOUNOS MOITO.AGASALLÁRONNOS CUNHA ENTRADA GRATIS QUE APROVEITAREMOS UN FIN DE SEMANA CALQUERA.

NATURNOVA on PhotoPeach

10 noviembre 2016

MAGOSTO (Parte 2)

E...CONTINUAMOS.

MAGOSTO (parte 2) on PhotoPeach

09 noviembre 2016

MAGOSTO EN PRIMARIA

 O PASADO DÍA 8, CELEBRAMOS O MAGOSTO CUNHA CHEA DE XOGOS E DEGUSTACIÓN DAS CASTAÑAS, ASADAS POLOS PAIS.ESTABAN DELICIOSAS!.
OS PREMIOS, POR PARTICIPAR NOS XOGOS, FORON AS POKECASTAÑAS DISEÑADAS POLO ALUMNADO.

Magosto 2016 (parte 1) on PhotoPeach

Construindo niño 6º B Infantil

Fai uns días chegou a nosa clase unha nova mascota: a gaivota Super. O alumnado de 6º B decidiu facerlle un niño para que estivese mellor. Grazas a aportación de Iven (que nos trouxo uns tronco) e o resto da clase (que colleron follas e ramiñas no patio) fixemos este niño tan chulo.


Asando as castanas

Un ano máis queremos agraceder aos menbros da ANPA pola súa colaboración na organización da festa do Magosto. Cada ano as  castanas están máis boas!!! Ñam,ñam...


O Magosto en Educación Infantil

O martes 8 de novembro celebramos a festa do Magosto no noso colexio, con xogos populares e con degustación de castanas.

07 noviembre 2016

OS COGUMELOS DE AITANA

AITANA, ALUMNA DE 5ºB,FOI AO MONTE ALOIA ESTE FIN DE SEMANA A RECOLLER COGUMELOS.HOXE, LUNS, TRÓUXONOS UNS EXEMPLARES E DEUNOS ALGUNHAS EXPLICACIÓNS SOBRE ELES. AQUÍ A TEDES!




02 noviembre 2016

Contacontos 6º Infantil

O mércores 2 de novembro o alumnado de 6º de Infantil recibiu a visita de dous contacontos do Concello de Vigo, que nos relataron 5 contos, deses que deixan pegada e fante reflexionar un pouco. Todo elo amenizado con música e moita diversión. 

O Samaín en Infantil

O venres 28 de outubro celebramos o Samaín no noso colexio, con dos terroríficos obradoiros: uno de maquillaxe e outro de Jumping Clay (material similar á plastilina). Foi divertídisimo!!! Queredes velo???

O Samaín en 4º A de Infantil




O Samaín en 4º B de Infantil



O Samaín en 5º A e B de Educación Infantil



O Samaín en 6º A de Infantil




O Samaín en 6º B de Infantil





28 octubre 2016

Decoración Halloween

Así de terrorífico quedou o noso colexio para celebrar o Halloween. Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración e axuda.

Propostas de actividades de balde para o alumnado




27 octubre 2016

Obradoiro reciclaxe 6º B Infantil

O xoves 27 de outubro o alumnado de 5º e 6º de educación infantil participou na campaña "Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor", organizadas pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama, co obxetivos de fomentar unha correcta selección de residuos e a reciclaxe dos mesmos.




26 octubre 2016

Visita polo barrio do noso colexio 6º Infantil

O luns 24 de outubro o alumnado de 6º de Infantil recibiu unha visita moi inesperada: unhas gaivotas que chegaron voando desde Barcelona ata Vigo e querían coñecer o noso colexio e a nosa cidade. Como as gaivotas non tiñan nome os nen@s decidiron un nome para cada gaivota. En 6º A déronlle o nome de Cies e en 6º B elixiron Super.
Dado que non coñecen a nosa cidade decidimos facer unha pequena visita polo noso barrio e ensinarlles as tendas e monumentos da zona: O paroque, a escultuta de Eugenio Fadrique, as tendas onde a cotió mercamos (froitería, librería...). De volta no cole fixemos o mesmo recorrido virtual con google mapas Foi xenial!!!

CARLOS SPUCH NO NOSO CENTRO!! O NEUROCIENTÍFICO INVESTIGADOR DO CEREBRO

XA TEMOS AS FOTOS DAS CHARLAS CON CARLOS SPUCH, O NEUROCIENTÍFICO QUE COIDA, ESTUDIA E ESTIMULA O NOSO CEREBRO, SÓ NOS QUEDAN AGRADECEMENTOS E ESPERAR QUE VOLVAS CEDO. GRACIÑAS DENDE O CHOUZO!! Animarvos a visitar o blog da biblioteca, temos máis información relevante!!
http://bibliotecadochouzo.blogspot.com.es/

Elaborando ceras en 6º B Infantil

Este ano para traballar o Halloween o alumnado de 6º B de Infantil reutilizou algunhas antigas ceras e transfórmounas en unhas monstruosas e divertidas ceras de Halloween.

    

25 octubre 2016

Outono en 4º A Infantil

En 4º A de Educación Infantil seguimos traballando o OUTONO, manipulando todos os seus elementos (FOLLAS,CASTAÑAS, OURIZOS, GRANADAS,MANDARINAS, NOCES, BELLOTAS). Queremos dar as grazas a todas as familias  polo material apoetado para poder facer a cesta do outono.

20 octubre 2016

Período de adptación 4º Infantil

Aínda que este curso comezamos nun colexio novo, así de ben o pasamos durante o periodo de adaptación.



18 octubre 2016

Mandala natural 6º A Infantil

A partires dunhas follas que trouxo Nuno, o alumnado de 6º A de Educación Infantil decidiu crear un mandala, e para elo aproveitaron o tempo de lecer no patio para "coller prestado" da natureza  máis elementos naturais e así poder crear entre todos un mandala do outono. O proceso resultou moi positivo, chegando a desfacer o creado para devolverlle á natureza o que lle pertence. 

17 octubre 2016

Traballando o outono 4º A Infantil

Estivemos traballando o outono, empregando diferentes materiais, nesta ocasión estampamos follas cun corcho. Foi divertidísimo!!!


Cumpres 4º A Infantil

Aquí podedes ver algúns dos cumpreanos que celebramos en 4º A de Educación Infantil. Sopramos as velas, bailamos e pasámolo moi ben!!!